Esta actuación recolle a execución de 2 treitos de senda. Un itinerario principal, que se inicia no extremo da praia de Laxe e continúa pola marxe dereita da estrada ata a entrada da vila, onde conecta coas beirarrúas existentes. E un ramal, unha senda que conectará este itinerario principal co paseo marítimo e co carril bici existente, que discorrerá paralela ao Rego dos Cabalos, por ambos os lados. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse este xoves co alcalde de Laxe, José Luís Pérez, ao que lle trasladou a licitación da execución a senda peonil e ciclista que conectará a praia de Laxe e o paseo marítimo, cun investimento de 330.000 euros, para iniciar as obras a principios do 2020 e telas rematadas o vindeiro verán. Este itinerario forma parte do Plan de Sendas da Xunta para a comarca de Bergantiños, cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020, e que recolle case 11 km de itinerarios peonís e ciclistas que suman un investimento duns 5 millóns de euros.
40