Unha senda unirá Soesto e Serantes, en Laxe

1 minutes read

O alcalde, José Luis Pérez Añón, recibiu á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, en Serantes para comprobar o resultado duns traballos dos que a veciñanza xa está a facer uso.
A actuación, valorada en 335.000 euros e financiada polo ente autonómico, supuxo en Soesto a execución dun itinerario de 558,8 metros de lonxitude que conecta os lugares de Arrueiro e Castrelo pola marxe esquerda da vía. Dita senda, moi transitada para o acceso á praia de Soesto, é de uso compartido para peóns e ciclistas non deportivos.
Pola súa parte, a senda de Serantes transcorre ao longo de 720 metros de lonxitude pola marxe dereita da antiga traza da estrada AC – 433, entre os núcleos de Conlle e O Piñeiro.
Ambas, executadas en formigón de cor terriza natural e bordo de formigón, están integradas na contorna e inclúen actuacións complementarias como melloras na recollida de pluviais, a creación de muros de formigón e o retranqueo de postes de telecomunicacións e electricidade.
Ademais, a titular de Infraestruturas e Mobilidade avanzou que o ente autonómico contratará en primavera a redacción do proxecto para a execución dunha nova senda que una ambas parroquias.
O rexedor, José Luis Pérez Añón, destacou a importancia da “cooperación entre institucións para avanzar da man cara unhas mellores condicións de mobilidade e seguridade que repercutan directamente na calidade de vida da veciñanza”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?