Este domingo 9 de xullo volveu a celebrarse un dos tradicionais eventos anuais na comarca de Bergantiños, a XV Concentración de Motos Antigas organizada por Amig@s das motos clásicas de Bergantiños. Na cita participaron máis de 100 motoristas que fixeron rodar as súas prezadas motos clásicas de máis de 35 anos pola comarca. Ás 10.00 horas tivo lugar a correspondente acreditación na rúa Desiderio Varela de Carballo e ás 11:00 deuse o pistoletazo de saída. De Carballo a Buño, Malpica, Barizo ou mesmo Punta Nariga foron algúns dos lugares da Costa que impresionaron un ano máis aos participantes. Tras o retorno, tivo lugar un xantar de confraternidade onde departiron sobre a experiencia vivida nun día perfecto para a ocasión, nin moito sol, nin moito vento, nin moita choiva.

Chegada a Punta Nariga, en Malpica.