O Concello de Laxe ten concedida unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o fomento do emprego, en colaboración coas entidades locais, coa contratación de oito socorristas: seis para praias e dous para a piscina. A selección de persoal realizarase a través da oficina de emprego de Carballo, onde terá lugar unha preselección inicial. As persoas que desexen formar parte deste proceso deberán estar inscritas na Oficina do Servizo Público de Emprego de Carballo na ocupación de socorrista. A duración do contrato será de dous meses. As bases da convocatoria poden consultarse no Servizo de Emprego e Promoción Económica chamando ao 981 706 903.
Unha subvención da Xunta apoia a contratación de socorristas en Laxe
piscinas