Este sábado Malpica acollía unha gran tarde deportiva coa IX Carreira Pedestre Concello de Malpica, que contou con 197 persoas inscritas e unha importante presenza local.
Pequenos e maiores, veciños e veciñas de Malpica, participaron nas diferentes probas, compartindo unha tarde de deporte, ilusión, convivencia e solidariedade.
Como cada edición, por cada persoa inscrita, o Concello destinou 1 euro á Asociación Española contra o Cancro (AECC), polo que se fixo entrega dun cheque de 197 euros a esa causa. A encargada de recollelo foi Carmen Teresa Blanco, representante da AECC.
Desde o Concello agradecen tamén a colaboración de voluntarios e voluntarias da UD Cerqueda, Sporting Seaia CF, Veteranos Leiloio e Club de Chave Avenida; aos equipos de Protección Civil de Malpica, Carballo e Laxe; á Policía Local; e a todo o persoal do Concello de Malpica, polo seu traballo e implicación.
E, por suposto, grazas ás 197 persoas inscritas por facer posible esta xornada contribuíndo tamén a unha boa causa.
