Un establecemento de Camariñas sortea unha cesta de Nadal anticovid

1 minutes read

Noelia Blanco, é fisioterapeuta en Camariñas, e decidiu contribuir á situación de pandemia que nos está tocando vivir. Elaborou unha idea orixinal, práctica e solidaria, sorteará unha cesta de Nadal, que en vez de turrón e outras larpeiradas da época, estará repleta de produtos anticovid. Hai cen máscaras cirúrxicas, xel hidroalcólico, termómetro de infravermellos, tensiómetro e tamén aparellos para facer deporte como unhas pesas, bandas elásticas e un balón de pilates. Noelia Blanco vendeu participacions non só en Camariñas e Galicia, tamén lle pediron boletos desde diferentes puntos de España. Esta profesional da saúde está moi contenta co éxito da idea, pero espera non ter que repetila o ano que vén.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?