Sobre as 5 da tarde deste martes unha tromba de auga acompañada de abundante aparello eléctrico, a modo de tormenta, asolagou varias rúas de Carballo tras verse desbordada a canalización de pluviais pola gran cantidade de auga caída nun espazo de tempo moi breve. As rúas máis prexudicadas foron na zona da confluencia da rotonda da Ponte da Pedra, na zona do supermercado Día en Bértoa, e tamén na rúa Río Miño, onde algún baixo comercial resultou asolagado. Así de rápida chegou, pero tamén en cuestión dunha hora os sumidoiros foron drenando e polo tanto o nivel da auga volveu a normalidade. Ademáis a tormenta deixou varias incidencias no suministro eléctrico e tamén provocou diferentes avarías en electrodomésticos, sobre todo de liña branca.
53