Unha trama de fraude fiscal de 154 millóns salpica a un exdirector xeral da Xunta

O xuíz da Audiencia Nacional José Luis Calama propuxo xulgar unha organización criminal constituída ao redor dunha empresa que entre 2016 e 2019 cometería unha fraude fiscal en concepto de IVA de hidrocarburos superior aos 154 millóns. Entre as persoas xulgadas atópase José Norberto Uzal, director xeral de Administración Local da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo entre 2009 e 2013. Norberto Uzal (Vigo, 1971) é avogado e foi membro do Partido Popular, mais con antelación a ocupar a Dirección Xeral de Administración Local en 2009, concorrera ás eleccións do Parlamento Europeo. Fora en 1994 e non se presentara nas listas do PP, senón na candidatura da Falanxe Española, partido do que fora xefe territorial en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha