42
Desfeitas en media ducia de estados de EE.UU. polo paso dunha trintena tornados. Polo menos 70 persoas morreron en Kentucky e un centenar quedaron atrapadas nun almacén parcialmente derrubado en Illinois. A tormenta arrasou con todo ao seu paso, deixando edificios derruidos e árbores arrincadas. Miles de persoas quedáronse sen electricidade e as autoridades pediron axuda. O presidente Joe Biden lamentou a traxedia que supón a perda dun ser querido e dixo estar «a traballar cos gobernadores para asegurarse de que teñen o que necesitan mentres continúa a procura de sobreviventes e a avaliación de danos».