O 28 de decembro unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, achegarase a Malpica. Estará en Buño diante do Tele-Club de 16.00 a 18.00 horas e en Malpica diante do Centro Cívico de 18.30 a 21.00 horas. As persoas interesadas poderán doar sangue, sempre e cando teñan máis de 18 anos e pesen máis de 50 quilos. Dende o Concello de Malpica, animan á veciñanza a participar, pois a súa colaboración pode salvarlle a vida a outras persoas. Para máis información, nos carteis adxuntos, pódese escanear co móbil o código QR.