Unha unidade móbil para renovar o DNI desprazarase a Malpica en febreiro

1 minutes read
  • Este proceso tamén se realizará en Ponteceso os días 20 e 21 de abril

Un equipo móbil para renovar ou obter o carné de identidade desprazarase ata o concello de Malpica o próximo día 24 de febreiro. Será na casa consistorial en horario de 09:00 a 12:00 horas e os interesados en acudir a este proceso poden anotarse no Concello.

Por outra banda, a mesma unidade móbil tamén se achegará os días 20 e 21 de abril a Ponteceso. As inscricións deben realizarse no Concello ou na oficina municipal de Corme.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?