39
A xornada máis calorosa agárdase para o vindeiro xoves, cando Galicia se sumará a unha vaga de calor en toda a Península en que se acadarán os 40 graos, nalgúns puntos vai acabar sendo o xullo máis cálido da serie histórica, segundo prevén en Meteogalicia. Para combater a calor do mellor xeito recomendan sombra, roupa lixeira, beber moita auga e refrescarse aos poucos. De momento este verán non se rexistraron temperaturas de récord, pero si unha continuidade na calor que explicará os altos valores no promedio das temperaturas máximas e que nos fai esquecer aqueles meses tan variables do verán galego.