Unha veciña da Laracha denunciaba esta semana que está a sufrir unha espera de máis de nove meses para que lle realicen unha proba intradérmica que lle foi prescrita no Chuac, algo fundamental para avaliar posibles reaccións alérxicas a determinados medicamentos que necesita para tratar as súas pataloxías. A pesar de remitir queixas formais ao Sergas, cuxos representantes responderon asegurando tomar nota dos feitos e remitíndoa a canles específicas para presentar este tipo de reclamacións, a paciente continúa esperando que a citen para efectuar a citada proba. Por elo, esta solicita ás autoridades sanitarias que actúen e que lle solucionen o seu caso sen máis dilación, apuntando que, en caso contrario, está disposta a emprender accións legais contra o Servizo Galego de Saúde.