Unha veciña de Camariñas pide que se actúe tras a aparición de xiringas usadas na rúa

Imaxe de arquivo dunha xiringa_PIXABAY

  • Unha delas atopábase sobre un pano preto dun dos bares máis céntricos da vila

A imaxe dunha xiringa usada sobre un pano manchado de betadine está inundando as redes sociais de moitos veciños do concello de Camariñas.

Unha persoa decidiu denunciar na súa conta de Facebook eses elementos que se atopou preto dun dos bares máis céntricos da vila do encaixe. Na publicación en cuestión, esta particular móstrase preocupada por se algún neno ou nena decide coller esa xiringa.

Son moitos os veciños que seguen preocupados por este tipo de actos que, ao parecer, se dan en máis zonas do pobo. Piden que o concello actúe sobre un posible problema de drogas na localidade, se ben é certo que os delitos relacionados co tráfico de drogas baixaron de 29 a 5 casos.

A fotografía orixinal non se inclúe nesta noticia ao poder ferir a sensibilidade dalgún lector.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha