Unha veciña de Carballo investigada como presunta autora dun delito de estafa

1 minutes read

O Equipo de Delitos Telemáticos da Garda Civil da Compañía da Coruña, investigou a unha persoa como presunta autora dun delito de estafa.

Os feitos ocorreron por mor da denuncia presentada por un veciño de Arteixo, na que manifestaba a realización de cargos non autorizados, na súa conta bancaria.

Efectivos do mencionado Equipo, investigaron os feitos, pescudando que os cargos correspondían a compras online realizadas mediante tarxeta de crédito.

Tras as pertinentes xestións, descubriron que as compras as había realizado a súa exparella, a cal coñecía os datos da mesma debido á relación sentimental que mantivera co denunciante.

Os cargos ascendían a un total de 2.712€ e realizáronse na plataforma dunha empresa téxtil, que permitía demorar o pago dos mesmos seis meses, o que derivou en que o denunciante non tivese coñecemento deles con anterioridade.

As actuacións realizadas, foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.