22
Un sobre cunha cantidade algo superior aos mil euros foi atopado por unha veciña nunha rúa do barrio ferrolán de Canido. Lonxe de quedar cos cartos, a muller entregounos nas dependencias da Policía Local. Os veciños do barrio de Canido din que eles tamén farían o mesmo e entregarían o diñeiro. Pero tamén hai algún que amosa as súas dúbidas. A Policía Local de Ferrol agarda que apareza o propietario ou propietaria, os cartos permanecerán en custodia policíal durante dous anos. Se nese tempo non aparece o dono, o diñeiro seralle entregado á persoa que o atopou.