6
A señora María Mira Canosa, de Calabanda (Pasarela), do Concello de Vimianzo, celebraba este martes o seu 102 aniversario. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose, achegáronse ata a residencia de Ortigueira acompañadas pola súa veciña Maruja do Loureiro e a traballadora social, Sandra Abeijón, para trasladarlle persoalmente os parabéns e facerlle entrega dun agasallo en nome do Concello de Vimianzo. Un momento moi especial para compartir afecto, memoria e recoñecemento a toda unha vida.