Unha vintena de alumnos do IES de Cee participan no programa Correspondentes Xuvenís

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu este martes de primeira man as actividades que se realizan no IES Fernando Blanco ao abeiro do programa Correspondentes Xuvenís da Xunta de Galicia. Unha vintena de estudantes de Formación Profesional Básica deste centro participan nesta iniciativa, que tamén conta co apoio do profesorado.

A proposta que os correspondentes deste instituto están a levar a cabo denomínase Acadix (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero). Ademais, este alumnado encárgase de informar aos seus compañeiros de programas, axudas e iniciativas no ámbito da xuventude que son do seu interese.

Cristina Pichel destacou que este programa axuda a potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos estudantes, favorece que asuman responsabilidades e transmite valores como a colaboración ou o liderado. A xente moza que actúa como correspondente recoñécese a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha