Carballo | Unha vintena de persoas participaron no Consello Parroquial de Cances

A principal petición dos veciños foi o acondicionamento dunha senda peonil nunha das marxes da estrada provincial para facilitar o acceso ao centro social e á escola. Nese sentido pediron ao alcalde que se realice dende o Concello de Carballo a solicitude correspondente á Deputación da Coruña. Tamén quedou encargado o concello de reclamar á Xunta de Galicia non só o arranxo da estrada autonómica que cruza a parroquia, senón tamén a instalación de luz e a limpeza da glorieta de acceso.

En canto ás vías forestais, a veciñanza de Cances solicitou un mantemento xeral e a creación dunha senda dende a escola infantil situada na beira da estrada autonómica ata o parque. Así mesmo, pediuse a modernización e ampliación dos xogos. Outra das demandas que se intentará atender é a instalación dun colector para o aceite.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha