Unha voadura controlada acaba coa cheminea da central térmica de Meirama

1 minutes read

A cheminea da planta da central térmica de Meirama foi destruída este mércores de forma controlada con dinamita, como parte do proceso de descarbonización da produción enerxética. A voadura produciuse ás 14:00, e foi un proceso semellante ao que en decembro pasado levou por diante a torre de refrixeración, tras 40 anos de servizo.

A cheminea, de 204 metros de altura, saltou polos aires e o skyline de Meirama dixo adeus a outro dos seus símbolos, que curiosamente permanece no escudo do concello de Cerceda.

Foi unha das maiores plantas de produción de enerxía do país, cunha potencia bruta de 580 megawatts, e nela chegaron a traballar unhas 200 persoas. As reservas da mina esgotáronse en 2008, e substituíu o lignito por hulla para producir enerxía.