A páxina web https://resultados.generales23j.es, que estará dispoñible este venres, e a app móbil 23J Eleccións Xerais 2023, que se poderá descargar nos markets das plataformas Android e iOS, ofrecerán aos usuarios información en tempo real sobre todo o proceso. En concreto, poderá accederse aos datos de constitución das mesas electorais, os índices de participación que se vaian rexistrando durante a xornada de eleccións e os resultados provisionais ao peche dos colexios.
A plataforma ofrece ao usuario a posibilidade de realizar as súas propias simulacións de pacto entre as diferentes forzas que obteñan representación no Congreso. A partir dos resultados provisionais, tanto a web como a app dan acceso a un simulador no que se poderán ensaiar diferentes fórmulas de suma de bloques que o usuario poderá gardar e editar para facer tantas probas como desexe.