Unha Xunta presidida polo BNG promoverá a Cultura como ‘dereito social’

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego presentou este mércores na cidade de Vigo as liñas mestras das súas propostas en materia de políticas culturais. Fíxoo nun Café Cultural realizado no Catro a Catro, que serviu como encontro aberto no que participaron persoas de diferentes ámbitos e disciplinas culturais. O mesmo estivo presentado polo produtor audiovisual e candidato número 12, David Miranda, e contou coas intervencións de Roberto Pascual (xestor cultural), Su Garrido Pombo (música), Xoán Pinto (activista cultural) e da deputada e candidata nacionalista número 5, Carmela González.

“A cultura é un dereito da cidadanía e como tal a Xunta ten a obriga de adoptar todas as medidas e destinar os recursos necesarios para garantir ese dereito e de atender con políticas públicas o desenvolvemento de cada unhas das dimensión nas que se manifesta hoxe a cultura, da sociocultural á patrimonial e da económica á creativa”, proclamou González.

Desde o BNG defenderon a necesidade de empurrar “o talento creativo que latexa no conxunto do País e que se fai sentir con moita forza na cidade de Vigo”, co obxectivo de facer máis visíbel a nosa produción cultural como un factor de dinamización e desenvolvemento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?