A ANPA do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba celebrou unha manifestación para acreditar a forza dos xalleiros/as e a importancia que unha iniciativa cidadá poida ter nas decisións dos gobernantes. Como teñen desde a Xunta anunciado mellorías en distintos centros, e a situación do Barrié segue empeorando sen unha resposta, as nais e os pais decidiron denunciar a situación convocando a unirse para pedir a reforma integral do centro. Algo que xa levan moito tempo demandando, sen éxito, á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Ademais da manifestación, a ANPA iniciou unha recollida de firmas para presentar á Xunta e ao Parlamento en favor desa reforma integral. Consideran que é primordial e de carácter moi urxente a actuación no edificio para a resolución dos graves problemas que denuncian (caída do teito, tellado e canlóns en mal estado, humidades, etc.). Cren que no estado actual das instalacións é imposible manter as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade que se requiren nun centro educativo.