Máis de cen mil persoas pasarán polo Monte do Gozo durante os tres días que dura este festival que por segundo ano busca tamén promocionar o vindeiro Ano Xacobeo. Un evento no que traballan unhas 1.500 persoas, a meirande parte de empresas galegas, e que deixará na capital de Galicia unha ocupación hoteleira que roza o 100 por cento.
No tocante á música, un cartel que definen os organizadores como ecléctico. Desde lendas do rock coma Iggy Pop a clásicos como Black Eyed Peas ou fenómenos do momento como Rosalía. A música galega non faltará da man de artistas consolidados como Iván Ferreiro ata proxectos máis atrevidos como Baiuca ou Ortiga.
Un cartel novamente ecléctico, para todos os gustos e idades. Desde os rompedores Die Antwoord, chegados de África do Sur, ata os consolidados Black Eyes Peas, sen esquecer toda unha lenda viva do rock, o norteamericano Iggy Pop. Non faltan as estrelas do momento coma Rosalía, nin grupos como The Hives, Bloc Party ou Bastille. Pero tamén haberá música feita en Galicia, son os que xogan na casa.
O ano pasado deixou un retorno económico estimado en máis de dez millóns de euros.