O concelleiro de Unidas Podemos Laxe, Fernando del Moral Regaldie, presentou o pasado 28 de setembro en sesión plenaria a moción para solicitar á Dirección Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración de Áreas de Rehabilitación Integral en Laxe, “por mor de aproveitar os recursos que as administración públicas poñen a disposición e prol do benestar da veciñanza que reside en lugares que son susceptibles dunha protección especial pola natureza e singularidade arquitectónica”.
No devandito pleno, Regaldie salientou unha serie de vantaxes de declarar áreas de este tipo como que “ter unha vivenda […] pode resultar un beneficio…”, engadindo que “as administracións outorgan axudas periódicas para rehabilitar ditas edificacións, e que poden supoñer de media entre 12.000 euros para actuacións de conservación e 16.000 para actuacións de mellora da eficiencia enerxética”. Todo isto motivado pola “singularidade do patromonio arquitectónico de Laxe” polo que se propuxo
“a inclusión do casco histórico da vila” ou “lugares como Aprazadoiro ou Mórdomo”.
Dita moción, que quedou enriba da mesa a proposta da alcaldía, ve os seus resultados cando este luns se publicou a reunión do alcalde, José Luis Pérez Añón, con Heriberto García, director do nomeado Instituto, «polo que se podería materializar a nosa proposta», conclúe Fernando del Moral.