Unidas Podemos denunciará a Meritxell Batet por prevaricación


Unidas Podemos anunciou este venres que interpoñerá unha querela contra a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, por un presunto delito de prevaricación tras a decisión «unilateral» de comunicar a retirada do escano ao ata o de agora deputado da formación morada Alberto Rodríguez. Segundo explicaron fontes do grupo confederal, a determinación de Batet de subtraer a condición de deputado a Rodríguez baixo o argumento de executar a sentenza de inhabilitación do Tribunal Supremo adóptase contra o criterio dos letrados da cámara e da Mesa do Congreso, que se expresaron favorables a que conservase a súa acta.