Unidas Podemos e o regreso de Pablo Iglesias

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, participou nun mítin en Madrid. Este acto supón o regreso do líder da formación morada á política, tras estar ausente debido ao seu permiso de paternidade de tres meses. Un acto, previo ao comezo da campaña electoral e á cita coas urnas do 28 de abril, contou coa participación de distintos candidatos e candidatas de Unidas Podemos e as súas confluencias ás xerais, ademais de supoñer o reencontro do líder de Podemos cos militantes e simpatizantes da súa formación.

O regreso de Iglesias trata de establecer unha imaxe de unidade e fortaleza interna, tras a crise sufrida nas últimas semanas, debida á creación dunha plataforma cidadá, Más Madrid, por parte de Iñigo Errejón, o que fose número 2 de Podemos.

Unidas Podemos, converteuse en especialista en grandes remontadas antes de calquera cita electoral. Xa sucedeu na campaña para as eleccións xerais do 20 de decembro de 2015, cando Podemos combateu as enquisas que lle daban á baixa, para finalmente converterse tras o voto dos cidadáns en terceira forza política do país, a moi escasa marxe da segunda, o PSOE.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha