Unidas Podemos, ERC e Bildu piden crear unha comisión de investigación sobre os abusos na Igrexa


Unidas Podemos, ERC e EH Bildu rexistraron este mércores no Congreso a petición para crear unha comisión de investigación sobre os abusos a menores por parte da Igrexa católica, para o que esperan contar co apoio do PSOE. «Son feitos abominables que non só interpelan ás vítimas, tamén á sociedade como civilización fronte á negativa da cúpula da Igrexa española a obedecer as recomendacións do Papa nesta materia», sinalou o presidente do grupo parlamentario de Unidas Podemos, Jaume Asens, en declaracións aos medios tras rexistrar a iniciativa na Cámara Baixa.
Asens mostrouse convencido de que o resto de grupos parlamentarios «van actuar en coherencia» e van apoiar a iniciativa porque, segundo dixo, «trátase de decidir se están á beira do Papa e das vítimas ou á beira da cúpula eclesiástica que está a ocultar e obstruindo as investigacións».