Unidas Podemos esixe a necesidade dun plan de regulación do tráfico en Laxe

2 minutes read
  • O BNG de Laxe tamén emitiu un comunicado informando que levará a pleno o “caos de tráfico e de coches que soporta o concello ante un goberno do PP incapaz de dar solucións“.

Tras un accidente leve ocorrido este domingo en Laxe, presuntamente provocado por un condutor ebrio que circulaba a unha velocidade superior á permitida no lugar e levándose varios coches que había en dobre fila, como adoita ser frecuente no pobo e máis aínda nestas datas.
O concelleiro de Unidas Podemos Laxe, Fernando de Moral Regaldie, considera que é urxente un plan de tráfico integral e a posta en funcionamento da Ordenanza Municipal que permita a seguridade das persoas que conviven no pobo, tal e como leva tempo reclamando.
“Ademais do accidente recollemos diversas queixas dos veciños pola alta velocidade á que circulan vehículos na única estrada que atravesa o pobo xunto ao paseo marítimo e que termina no porto. Condutas que poñen en perigo a todos os peóns e con maior risco ás persoas maiores e aos nenos”, afirma Fernando.
Para evitar este tipo de incidentes de circulación e estacionamento “en Unidas Podemos Laxe propoñemos aparcamentos disuasorios á entrada do pobo non opcionais, e o acceso ao centro urbano debe limitarse a residentes, servizos e portos”.

Segundo del Moral, “non serve de nada habilitar unha chaira á entrada do pobo para aparcar cando é opcional non disuasorio e non está sinalizada de forma suficientemente visible. Esto conleva a entrada de tal cantidade de vehículos ao pobo que é imposible darlles cabida de forma que non sexa perigoso para as persoas. Debido á falta de aparcamentos e zonas bastante pouco accesibles ao tráfico como pode ser o xa moi castigado centro histórico de Laxe”, conclúe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?