Unidas Podemos Laxe advirte ao Instituto de Seguridade e Saúde Social e á Consellería de Emprego e Igualdade do que cualifica de incumprimento da Lei de Prevención e Riscos Laborais no Concello.
Segundo informan desde a formación morada, «tras escritos rexistrados e conversacións mantidas co Concello de Laxe polo incumprimento da LPRL (Lei de Prevención de Riscos Laborais), advertidos tras ver ó persoal contratado con subvencións da Xunta e da Deputación, sen obter resposta nin acción algunha ó respecto, a coalición Unidas Podemos Laxe púxose en contacto coa Inspección de Traballo».
Debido á gravidade pola presunta violación do artigo 19 do Estatuto dos Traballadores e documentación de prevención específica recollidos no artigo 23.1 da LPRL, así como a suposta violación da Lei 31/1995 de PRL, na que se garante ó traballador unha formación teórica e práctica axeitada e continuada.
«Isto dá pé a deducir que os fondos de ditas subvencións non chegan ás traballadoras en prevención de uniformidade e formación. Por esta razón tamén remitimos dita denuncia á Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade para que supervise que se cumpran as bases na contratación pública emitidas por a nomeada institución», concluía o voceiro da formación, Fernando Del Moral Regaldie.