22
O grupo municipal de Unidas Podemos de Laxe denunciou ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica a falta de mantemento do acceso á praia de Soesto.
O concelleiro da formación, Fernando Del Moral Regaldie, rexistrou un escrito no que denuncia o mal estado da pasarela de acceso peonil ó areal.
Subliña no escrito que a devandita pasarela ten a función de protexer o sistema dunar, e que na actualidade, e debido ó mal tempo, atópase completamente taponada pola area, ata a altura mesmo das varandas.
Por tanto, reclama unha actuación que permita o acceso, perante a plantación de vexetación habitual nestes ecosistemas para reter a area, e garantir a funcionalidade do acceso.