Unidas Podemos Laxe denuncia un delito ecolóxico no monte Insua

O concelleiro electo de Unidas Podemos en Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, e a formación, interporán denuncia ante o SEPRONA polo que cualifican de «desfeita producida no monte Insua de Laxe».

A zona, con mais de duascentas árbores de especies autóctonas, especialmente carballos, castiñeiros e acivros, plantadas durante cinco anos polo Proxecto Landras foron literalmente arrasadas despois das eleccións. Moitos deles superaban o metro trinta e algúns exemplares ata os dous metros.

Dende a formación indican que «mentres, o resto do monte, os piñeiros seguen sen ser tratados como deben: pólas secas, árbores secas sen tallar e leña polo chan que pode ser auténtico combustible para o lume. A maiores, estamos a falar dunha zona que forma parte de Rede Natura 2000, así como Sólo Rústico de Protección de Espazos Naturais no PXOM laxense».

Pola súa banda, dende o Concello afirman que a Xunta enviou un tractor para desbrozar, pero que estaban advertidos do que se atoparían.

«O Proxecto Landras é un proxecto educativo en colaboración co Concello de Laxe e o CPI Cabo da Area, polo que dende Unidas Podemos Laxe resulta incomprensible semellante actuación e pedimos responsabilidades directas ó alcalde José Luis Pérez Añón». A formación, que levaba no programa a proposta de realizar na Insua un proxecto de parque como zona de lecer para a veciñanza, conclúe afirmando que non comprende dita actuación que «é un verdadeiro atentado contra o patrimonio natural de Laxe».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha