Unidas Podemos Laxe discrepa coas condicións nas que traballa o persoal eventual municipal

Unidas Podemos Laxe emitiu un comunicado no que denuncia ter coñecemento de que «ó persoal eventual contratado a través de subvencións da Xunta ou da Deputación no se lles dá a uniformidade axeitada, de feito o persoal contratado para a limpeza das praias non se lles proporciona nin sequera calzado de seguridade».

Isto constatado de xeito visual, xa que este verán non o levaban, afirman desde Podemos Laxe. «O responsable de entregar, rexistrar e facer cumplir a uniformidade é o equipo de goberno do PP. Sospeitamos que nen sequera hai rexistro de material. E sabemos que se requiren un cambio de talla, non se lles fai, por tanto non o poden utilizar».

En Unidas Podemos temos coñecemento de que fai relativamente un mes, un operario tivo un accidente laboral porque non levaba a uniformidade pertinente para ir sulfatar. A máquina tiña unha fisura por onde escapou o sulfato e lle produxeron queimaduras que o levaron a estar de baixa.

En Unidas Podemos preguntamos se teñen coñecemento de isto, canto tempo fai da última evaluación de riscos laborais que realizaron, se teñen rexistros dos cursos de PRL firmados polos traballadores e se teñen os rexistros firmados da uniformidade que o Ministerio de Traballo obriga a levar por prevención de saúde no traballo e que articula a través da inspección de traballo.

A todo isto, «o equipo de goberno contestou que dará resposta no vindeiro pleno, ou sexa, dentro de dous meses. Para maior sorpresa, isto xa foi advertido dende Unidas Podemos ó equipo de goberno do Concello de Laxe o pasado mes de novembro, así como ás administracións que teñen competencia respecto das subvencións cara ás condicións de saúde dos empregados, e continúan exercendo unha mala praxis ó respecto», conclúen dende Unidas Podemos Laxe.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha