O concelleiro de Unidas Podemos Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, rexistrou en nome da coalición Unidas Podemos que representa, un escrito de alegacións tras un análise exhaustivo do documento emitido pola Xunta.
En Unidas Podemos observan que, pese a estar moi delimitadas as ameazas medioambientais que poden perxudicar a un entorno paisaxístico tan valioso e querido como os Penedos, non é contudente con respecto ás restriccións. Só na execución de pequenas obras, aparcamentos e sinalización, deixando aberta a porta a futuras intervencións propias da Xunta ou alleas.
De este xeito poderíanse autorizar futuros parques eólicos como en Mórdomo ou en Penedos de Piñeo, poñendo en perigo a protección de paisaxe singular. Tendo en conta que a zona está rodeada áreas de Rede Natura, varios humedais protexidos, unha zona de especial conservación de aves na Costa da Morte e elementos naturais sen explotar como as formacións graníticas singulares similares ás de Traba e Pasarela e xacementos arqueolóxicos catalogados pola Xunta.
En Unidas Podemos esíxen unha maior protección da contorna, e así adaptarse á normativa europea sobre o cambio climático e evitar especulacións sobre un lugar tan especial.
0