Na véspera do día internacional da violencia machista e continuando o traballo pola extensión de esta, dende a área de feminismo de Unidas Podemos Laxe, Claudia Bajo Susany aporta o seu graniño de area mediante a organización da proxección do documental “Onde máis doe”, dirixido pola súa paisana Manane Rodríguez.
Manane naceu en Uruguai y foi doblemente inmigrante, ata 1976 en Buenos Aires a partir do cal veu a España, onde continuou coa súa vida de activista feminista e directora. Entre outros legados cabe destacar “Golpe a golpe” 1992 ou “Pasos perdidos” 2001 contando coa actuación de grandes do cine como Concha Velasco.
A proxección de dito documental levarase a cabo en Laxe este venres 24 de novembro ás 19:00 horas, na Sala Valle Inclán. Contará coa inestimable presencia de Fina Roca, ferrolana licenciada en filosofía e letras, ademáis de xeografía e historia, actualmente xubilada, exerceu a docencia en institutos e universidades de Galicia e Madrid. Cunha grande labor pedagóxica ás súas costas cabe destacar, entre as súas moitas aportacións, colaboracións en prensa do “Heraldo de Vivero”, “A memoria Cotiá” onde fai un percorrido á evolución da sociedade galega do século XX. Ademais de ser crítica literaria, guionista, documentalista, e comentarista de literatura infantil e xuvenil en Radio Voz (2003-2004) co programa “Literatura infantil y lenguaje Magazul” e columnista de El Mundo (1998-2002).
Traxectoria difícil de resumir e ampla en tempo e distancia, xa que as súas crónicas e reportaxes son publicados en diversos xornais de ámbito estatal, autonómico e local.
Por elo dende a área de feminismo de Unidas Podemos Laxe lles complace convidalos a participar da aprendizaxe e reflexión sobre a violencia vicaria mediante a proxección do documental.
0