Unidas Podemos Laxe pregunta ao Goberno sobre os inmobles da SAREB na vila

1 minutes read

A través do seu portavoz no Congreso dos Deputados, Antón Gómez Reino, e con data 18/04/2023 solicítase información sobre o número de vivendas en situación de vivenda baleira, vivenda en convenio con Administracións Públicas para alugueiro social, vivenda en alugueiro social pola Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestructuración Bancaria (SAREB), vivenda en alugueiro ordinario e vivenda habitada sen título habilitante xestionadas polo devandito organismo.

Así mesmo pregúntase se existe algún procedemento aberto para destinar novas vivendas xestionadas pola SAREB, ao alugueiro social, xa sexa de maneira directa ou por medio de convenio coa administración local. Por último saber se existe dispoñibilidade por parte da SAREB de destinar as devanditas vivendas a alugueiro social.

O candidato á alcaldía de Laxe, Fernando D.M Regaldie, emitiu un comunicado no que se compromete, se recibe a confianza dos seus conveciños o próximo 28M, “a realizar todas as xestións necesarias para que esas vivendas poidan ser utilizadas para alugueiro social”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?