Unidas Podemos Laxe reflexiona sobre o papel do futuro goberno en referencia á educación

1 minutes read

O voceiro de Unidas Podemos Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, afirma que dende a formación que representa “pensamos  que a escola  ten que ser o foco da vida cultural, educativa e social da comunidade, baseada na participación de todos os seus actores”.

«Entendemos a escola como un espazo educativo, inclusivo e transformador. Pensamos  que a escola  ten que ser o foco da vida cultural, educativa e social da comunidade, baseada na participación de todos os seus actores : docentes, alumnado , familias e o resto da comunidade: concello, asociacións, colectivos», dixo o voceiro e candidato á alcaldía de Laxe.

Segundo Fernando DM. Regaldie “comprometémonos a promover a creación destas redes de colaboración e a realizar plans de actuación, conxuntamente coa escola e os convenios necesarios parar levalos a cabo, así como para optimización dos nosos recursos. Loitaremos  para conseguir maiores avances na xestión democrática dos centros  como pilar fundamental de unha escola pública  de calidade».

“O mantemento e conservación dos centros educativos depende do Concello e aínda que recibe unhas pequenas  axudas económicas, son totalmente insuficientes” subliña o candidato.

Podemos afirma que, como primeiro paso nese futuro goberno de progreso exixirá as administracións públicas  o incremento destas axudas, así mesmo, creando unha partida específica nos orzamentos municipais.

Ademais engade que “dotaremos o colexio “Cabo da Area” do persoal necesario e a tempo completo para o seu correcto funcionamento”.

Como conclusión, considera “sorprendente que nestas últimas lexislaturas os distintos gobernos e a oposición non atenderan as necesidades dos nosos centros educativos. É un exemplo máis do seu desinterese e inacción”.