“Unido como unha piña e forte como unha roca”, así está o PP, segundo Pablo Casado


O presidente do Partido Popular (PP), Pablo Casado, lanzou unha mensaxe de unidade este domingo como broche final á macroconvención itinerante que a formación celebrou esta semana por varias cidades españolas e da que sae reforzado como líder indiscutible do partido, tras recibir o apoio de todos os seus dirixentes. Ante máis de 9.000 asistentes, o presidente retou a Vox reivindicando un PP “grande, unido e aberto” como “única alternativa en España” ao Goberno de Pedro Sánchez, de quen di que derrogará todas as súas leis para poñer fin ao “trienio negro”. “Aquí seguimos, co partido unido como unha piña e forte como unha roca, preparados para volver botarnos o país ás costas, para rescatar aos nosos compatriotas da ruína e para abrir un novo horizonte para España”, sinalou Casado, que foi recibido coa praza en pé, entre aplausos e berros de “presidente”.