- O pleno ordinario de xaneiro posponse debido a varios positivos entre os funcionarios municipais
Este luns celebrouse na Laracha unha reunión da Comisión Informativa de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas na que se decidiu levar ao próximo pleno (previsto, en principio, para o 4 de febreiro debido á detección de casos covid-19 entre funcionarios municipais) a bonificación do 95% no Imposto Municipal de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) ao proxecto de creación da nave industrial da firma UNIFERSA, unha empresa dedicada á distribución de ferretería profesional e subministración industrial, no parque empresarial da Laracha.
A cota tributaria xeral en concepto de ICIO para o proxecto de UNIFERSA ascende a 131.219,03. Dado que a bonificación proposta do 95% supón 124.658,08 euros, no caso de alcanzarse o acordo plenario a empresa soamente deberá aboar 6.560,95 euros.