Unión Cidadá Galega de Cee esixe medidas para frear a venda de Ferroatlántica

Cedida.

Segundo o presidente do partido, Víctor Somoza, existen mecanismos que poderían frear a venda desta compañía, o que suporía o peche dalgunhas das fábricas máis importantes da Costa da Morte. Somoza pídelles aos que están nos concello de Cee e Dumbría que actúen en consecuencia.

A través dun comunicado, o partido Unión Cidadá Galega manifestou os seguintes feitos:

PRIMEIRO. Actualmente atópase en fase de transacción de compra-venda a fábrica Ferroglobe / Ferroatlántica de Cee e Dumbría, sen que desde ningunha formación política se faga nada ó respecto.

SEGUNDO. Cando se pretendeu no ano 2017 a venda de ditas fábricas coa segregación das concesións, ningunha formación política fixo nada agás Unión Cidadá Galega, que denunciou e presentou a documentación pertinente ante os organismos correspondentes paralizando dita segregación, que era unha obrigación das formacións políticas que estaban sentadas no pleno do consistorio e que non fixeron nada.

TERCEIRO. A día de hoxe atopámonos cunha situación semellante, xa que existindo mecanismos xurídicos para frear esta venda, os partidos políticos que están sentados no pleno non poñen solucións cando si que existen fórmulas para parar a venda.