Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) presenta os seus cargos directivos en Galicia

1 minutes read

O amiense José Luis Calo, Coordinador UCIN Galicia, en reunión coa dirección da Executiva Nacional, representada polo seu Presidente Anxo Montealegre Comiño, aprobaron os nomeamentos dos cargos directivos a nivel autonómico.

Coordinador en Galicia, José Luis Calo González, desenvolveu a súa carreira militar en Infantería de Marina e candidato UCIN á alcaldía de Ames.
Voceiro e Secretaría do Mar, Óscar Souto Rodríguez, Xefe de redacción para Bergantiños en 21 Noticias.com, locutor de radio e candidato á alcaldía de Ponteceso.
Secretaría de Educación e Emprego, Mónica Ceide Vilariño, estudos de Dereito e candidata á alcaldía de Lugo.
Secretaría de Mocidade e Política Social, Adrián Carpente Viqueira, Enxeñeiro Químico e máster en enxeñería química e bioprocesos.
Secretaría de Medio Rural e Infraestruturas, Silvia Gómez Gómez, Arquitecta e candidata á alcaldía de Tordoia.
Secretaría de Sanidade, María del Pilar Rodríguez Quiroga, estudos de Bioloxía e Técnico Especialista en Radio Diagnostico.
Secretaría de Medio Ambiente e Vivenda, Ana Viqueira Casás, Técnico de Laboratorio e Secretaria Local UCIN Ames.
Secretaría de Comunicación, Luz Porto González, Técnico Auxiliar Administrativo, traballou 25 anos no Correo Gallego como auxiliar de redacción.

José Luis Calo, destacou a valía dos novos responsables de UCIN na comunidade galega «persoas preparadas e comprometidas, cunha gran implicación no cambio que Galicia necesita. Unha proposta innovadora, afastada de adscribirse a ningunha ideoloxía e un partido que nace por e para o pobo».