Unións Agrarias presionará se a industria non sobe o prezo do leite

0 minutes read

Así o fixo saber o secretario xeral da formación, Roberto García, quen avisa que continuarán coas mobilizacións contra as empresas leiteiras que incumpran a Lei da Cadea Alimentaria e mesmo pedirán á cidadanía que boicoteen a compra dos seus produtos se non melloran os prezos que lles pagan aos gandeiros polo leite. García, amosa a súa sorpresa polo feito de que “non só se incumpra a lei senón que non haxa por parte do Ministerio unha actuación contundente contra as empresas que a incumpren”.