- As actividades realizáronse entre abril e xuño nas praias de Soesto, Malpica, Reira, Traba de Laxe e Arou.
Ao redor de 200 alumnas e alumnos dos CPI As Revoltas e da escola unitaria de Neaño, no municipio de Cabana de Bergantiños, participaron na presente edición do proxecto ‘Aprende a través do surfing’, cuxo obxectivo é fomentar o deporte e promover o coidado da contorna natural entre os máis cativos.
A iniciativa desenvolveuse a través de distintas sesións nas praias de de Soesto, Malpica, Reira, Traba de Laxe e Arou desde o pasado mes de abril ata xuño. En cada xornada un grupo de 15 nenas e nenos tivo ocasión de iniciarse na práctica do surf e conectar tamén cos valores deste deporte fóra da auga.
‘Aprende a través do surfing’, subvencionada polo Concello de Cabana e a Deputación da Coruña, está promovida pola Federación Española de Surfing e pola entidade Surf and Clean e contou coa colaboración do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.