Uns 700 mariscadores da ría de Arousa poderán beneficiarse das axudas pola parada biolóxica

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia –DOG– publicará nos vindeiros días a orde de axudas destinadas a compensar ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nos bancos marisqueiros dos Lombos do Ulla, Bohído e Cabío, na ría de Arousa. Poderán optar a estes apoios uns 700 profesionais de arredor de 420 embarcacións marisqueiras e a eles a Consellería do Mar destina arredor de 4 millóns de euros cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). A axuda darase por 61 días hábiles dese período e dela poderán beneficiarse as persoas armadoras e tripulantes das embarcacións da 3ª lista -de pesca profesional- con porto base en Galicia afectadas pola paralización da actividade e que realizasen extracción cando menos 120 días entre os anos 2021 e 2022. As persoas interesadas en cursar as solicitudes poderán consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publicará o DOG nos vindeiros días. O prazo para presentalas será dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?