Institucións penitenciarias concédelle o grao de semiliberdade a Iñaki Urdangarin,que cumpre cinco anos de prisión polo caso Nóos. Con todo para desfrutar deste rexime, o cuñado do rei Filipe VI deberá acollerse ao programa de reinserción para condenados por delitos económicos. Con este programa, que se porá en marcha en xaneiro, Urdangarin fará labores diarios de voluntariado e terá que pernoctar nun centro de reinserción social. Poderá ir a casa unha fin de semana ao mes.