Ursula von der Leyen anuncia a súa candidatura á reelección para presidir a Comisión Europea

Tras semanas de especulacións en Bruxelas sobre o seu futuro político, que tamén se vinculou á OTAN, a actual presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciou a súa candidatura á reelección como presidenta do Executivo europeo durante os próximos cinco anos:

O anuncio fíxose este luns despois dunha reunión do seu partido, a Unión Demócrata Cristiá (CDU) de Alemaña, que apoiou a súa candidatura por unanimidade.

«O mundo é totalmente diferente ao de hai cinco anos», afirmou Von der Leyen, ao resumir os seus principais logros lexislativos.

O nomeamento de Von der Leyen, que lidera o que se considera como a institución máis poderosa da UE, será confirmado por aclamación a principios de marzo, durante o congreso anual da súa familia política, o Partido Popular Europeo (PPE), de centrodereita. O PPE fixara o 21 de febreiro como data límites para a presentación de candidaturas internas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha