Urxe a revisión da caída de cascotes dun edificio da zona escolar de Carballo

A veciñanza e a comunidade escolar do colexio Fogar claman pola revisión dun edificio de vivendas do cual desprendéronse varios cascotes sobre a beirarrúa hai dez días e que aínda segue balizado cuns simples conos e unha cinta. Protección Civil acordoaba o sábado 2 de marzo a zona afectada, situada na confluencia da Avenida de Bergantiños coa Vía de Ordes, xusto en fronte do colexio Fogar de Carballo. A Policía Local instruíu dilixencias para que se tomen medidas por parte da propiedade, pero de momento todo segue igual nunha zona sensible e delicada polo gran número de persoas, na súa maioría nenos e nenas que poderían facer uso desa beirarrúa para resgardarse do mal tempo cando acoden ao colexio, ademais está pegado a un ultramarinos e a dous pasos de peóns.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha