Urxe buscarlle unha solución á central térmica das Pontes

  • En ano e medio Naturgy pechará a central térmica de Meirama e a das Pontes leva catro meses parada.

Trátase de salvar 400 postos de traballo vencellados á planta das Pontes: 200 directos, outros tantos en empresas auxiliares e 150 transportistas que levan o carbón á planta dende o porto de Ferrol. As principais centrais galegas pídenlle a Endesa que asuma a súa responsabilidade social. 

«Despois de 40 anos sacando beneficio das Pontes, por estar uns meses parada non pode poñer a vila patas para arriba», declaraba aos medios o seu voceiro.

A Endesa van pedirlle tempo antes de que empece a recortar emprego; á ministra de Transición Ecolóxica, que elimine o céntimo verde, e ao comisario europeo de Enerxía, Arias Cañete, que free a especulación no mercado de emisións de CO2. Con todos van pedir reunións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha