Goberno e comunidades autónomas reúnense este mércores cos casos de COVID-19 en plena explosión, para abordar a resposta ante a variante ómicron, pero os expertos consultados son categóricos: unha vez máis en España «imos tarde». Aínda así os especialistas coinciden en que hai que adoptar medidas: facer máis estrito o uso de máscaras, pechar o lecer nocturno, fomentar o teletraballo, restrinxir a vida social e, para as comidas e ceas de Nadal, ser conscientes do risco de contaxio de persoas vulnerables para decidir se as celebramos ou non, usar test pero sabendo que pode haber falsos negativos e, sobre todo, non organizar encontros consecutivos con burbullas de conviviencia distintos. España está en risco moi alto de transmisión do virus ao superar a incidencia de 500 casos por 100.000 habitantes en 14 días e nalgunhas comunidades, como Madrid, a ómicron xa é a variante dominante.
45