Urxen á Xunta prazos e compromisos económicos no convenio para o novo CHUAC

1 minutes read

O Goberno municipal da Coruña agarda que a Xunta concrete como, cando e con que fondos se construirá o prometido novo Chuac. A proposta de convenio remitida pola Xunta é un documento incompleto e parcial, que conta con informes municipais que cuestionan os seus termos tanto polo que figura nese texto como polo que non está reflectido nel.

«Non figura unha cuantificación do importe das obrigas económicas que se contraen por parte da Xunta no borrador do convenio (…) deberían figurar de modo explícito», expón un dos informes municipais, onde tamén se aclara que no texto remitido pola Xunta «tampouco menciona a previsión de prazos (…) pero é unha condición legal ao noso xuízo inescusable para facilitar a propia viabilidade do cumprimento das recíprocas obrigacións», afirmou o concelleiro Lage Tuñas.